Actualidade

A RAGC premia o proxecto de investigación de arrecife artificial coordinado polo profesor da EPEF da UDC, Luis Carral

07/02/2023

A Real Academia Galega de Ciencias falla os premios de Investigación Ernesto Vieitez Cortizo 2022, que recoñecen o labor de investigadores sénior e mozos da nosa comunidade. Están destinados a promover e recoñecer a investigación no eido das matemáticas, física e ciencias de computación; química e xeoloxía; bioloxía e ciencias da saúde; ciencias técnicas; e ciencias económicas e sociais. A academia concedeu na 32ª edición unha mencion honorífica na modalidade de traballo de investigación a un proxecto centrado na aplicación dos residuos de depuración de bibalvos en Galicia para a recuperación dos ecosistemas mariños mediante a creación de arrecifes artificiais. É un proxecto multidisciplinar coordinado polo profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol da Universidade da Coruña, Luis Carral. Enlace a noticia da RAGC.