Actualidade

A directora da Cátedra Aldaba WIB participa na mesa redonda 'Traballo das mulleres no ámbito tecnolóxico' no acto central polo 8M da UDC

07/03/2023

Universidade da Coruña organiza o martes 7 de marzo un coloquio sobre o traballo das mulleres no ámbito tecnolóxico para celebrar o Día Internacional da Muller, seguindo o tema das Nacións Unidas “Por un mundo digital inclusivo: innovación y tecnología para la igualdad de género”. 

 

A vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña, Cristina López Villar, abriu o acto o martes 7 de marzo, ás 12:00 horas no salón de graos da Facultade de Informática.

 

A continuación, procedeuse á lectura do manifesto 8M elaborado pola Red de Unidades de Igualdad de Género para la Excelencia Universitaria. Seguidamente, comezou un coloquio sobre o“Traballo das mulleres no ámbito tecnolóxico” no que se trataron temas sobre a situación actual das mulleres traballadoras nesta área e os retos futuros. Participaron neste coloquio: Virginia Mato Abad, Facultade de Informática; Margarita Novales Ordax, Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos; Beatriz Pérez Sánchez, Facultade de Informática; Rocío Alfonso Pita, Servizo de Informática e Comunicacións da UDC; e Montserrat Fernández Casal, Servizo de Informática e Comunicacións da UDC.


Ademais, celebráronse máis actividades repartidas polos distintos centros. 

 

Máis información