Actualidade

A Cátedra HM-UDC convoca a sexta edición de bolsas de formación en Traumatoloxía do Deporte e premio á mellor publicación do ano 2022

02/03/2023

 

Cátedra de Traumatoloxía do Deporte da UDC lanza unha nova convocatoria de bolsas de formación para licenciados en medicina especializada en traumatoloxía do deporte para o curso académico 2022-2023 e convoca o premio á mellor publicación científica do ano 2022 en Traumatoloxía do Deporte

 

A convocatoria de bolsas de formación ofrece a este grupo de profesionais médicos continuar a súa formación neste campo nun centro de referencia nacional e internacional, integrándose no funcionamiento do equipo e participar das actividadades diarias segundo o plan de formación personalizado. 

 

As bolsas teñen unha duración de 12 meses, sendo a contía da bolsa de 5.000 euros, ou de forma excepcional por un período de 6 meses, en dito caso a contía da bolsa será de 2.500 euros. A formación desenvolveranse no Instituto Médico Arriaza y Asociados e no Hospital HM Modelo (A Coruña).

 

Os interesados poderán presentar a súa solicitude a través do siguiente enlace ata o 22 de decembro de 2022. Consulta aquí as bases da convocatoria.

 

A convocatoria do premio á mellor publicación científica do ano 2022 no ámbito da Traumatoloxía do Deporte está dirixida a quelas/es que pertenzan a un grupo de investigación/traballo coa Traumatoloxía do Deporte e cuxo traballo fose publicado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022, en revistas científicas que aparezan citadas en revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) da última edición dispoñible. 

 

Os interesados poderán presentar a súa solicitude a través da seguinte ligazón ata o 30 maio de 2023. Consulta aquí as bases da convocatoria.