Actualidade

A Cátedra Vegalsa-Eroski e a Universidade Sénior organizan un seminario para reducir a fenda dixital nos maiores

13/02/2023

As profesoras de Comunicación da Universidade da Coruña, Nereida Rodríguez e Iria Santos impartirán o Seminario "Fotogragía mobil e redes sociais"organizado pola Universidade Sénior en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa.

 

O seminario constará de catro sesións de dúas horas de duración (de 17 a 19 horas) a desenvolver os días 9, 16, 23 e 30 de marzo de 2023, nas instalacións da Universidade Sénior en Normal (Paseo de Ronda nº 47 1º) de A Coruña.

 

A tecnoloxía estase a convertir nunha grande aliada, incluso nunha compañeira indispensable, no día a día da nosa sociedade. Por exemplo, coa chegada da pandemia, da noite á mañá, moitos adultos víronse obrigados a empregar smartphones para ver á familia a través de videochamadas. Son incontables os casos que se incorporan á revolución dixital con moitas ganas.

 

Tan só cun teléfono móbil podes facer chamadas, ver vídeos, escoitar música, pagar nos supermercados, mercar, xogar a videoxogos… e ata capturar fotografías. E agora os álbumes poden compartirse coa familia e achegados grazas a Internet, unha forma fermosa de sentirse preto dos seres queridos.

 

O obxectivo fundamental deste curso é aprender a empregar correctamente este dispositivo para a toma de imaxes, e mostrar o uso de ferramentas sinxelas para melloralas e poder mostrarllas a outras persoas a través da rede.

 

A metodoloxía que se seguirá neste curso será a de Learning by Doing (aprender facendo). Para a aprendizaxe das ferramentas e aplicacións, así como dos diferentes modos dispoñibles na cámara do teléfono, o alumnado empregará o seu dispositivo e realizará diferentes actividades como a edición básica dunha fotografía, a publicación en Instagram con diferentes formatos e a dixitalización dunha imaxe en papel. Empregarase, para a parte máis teórica, diferentes recursos: proxección de vídeos, diapositivas e enlaces de interese, etc. 

 

As prazas son limitadas e asignaránse por rigorosa orde de inscrición.

 

A inscrición será gratuita, puidendo realizarse a través da seguinte ligazón do 13 ao 28 de febreiro de 2023.

 

Formulario de inscrción Semimario "Fotografía móbil e redes sociais"