FUAC
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, reuniuse cos investigadores do departamento de Bioloxía da Facultade de Ciencias, Jaime Fagúndez e María Servia, cuxo equipo emprega unha técnica para controlar a herba da pampa, coñecida popularmente como plumachos, empregando o insecto spanolepis selloanae para limitar a expansión da especie invasora, coñecida popularmente como plumachos, cuxa propagación en Galicia ten un importante impacto ambiental e socioeconómico. A metodoloxía empregada polos investigadores está patentada e validada como solución de control biolóxico proposta, que non usa produtos químicos, co fin de garantir a súa correcta aplicación e distribución.