A Universidade da Coruña acolleu as asembleas de RITSI co apoio das cátedras NTT Data, Aldaba e Corunet
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acolleu do 19 ao 23 de outubro a LVII Asemblea Xeral Ordinaria de RITSI (Reunión de Estudantes de Enxeñerías Técnicas e Superiores en Informática) así como a XI Asemblea Xeral Extraordinaria, eventos que contaron coa colaboración das cátedras NTT Data, Aldaba e Corunet, entre outras entidades.
Ademais de dar conta do traballo da Xunta Directiva e das Comisións Temáticas ao longo do último ano, debateuse a modificación dos regulamentos da entidade e os convenios propostos por diversas organizacións. Tamén se celebraron mesas de traballo sobre as seguintes cuestións: Moderación en Asembleas; Réxime de privacidade e protección de datos; Estudos e Profesión: PEIN; e Avaliación do impacto dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en RITSI.
Xunta Directiva durante a Asemblea:
- Presidencia: Fco. José Anel Carrasco (US)
- Vicepresidencia: Sergi Velló Cardús (UJI)
- Secretaría: Mikel Iceta Tena (UAM)
- Tesourería: Mariña Díaz Martínez (UPV)
- Vogalía: Henny Sánchez Angulo (UPM)
As entidades colaboradoras para a celebración das LVII e XI asembleas foron:
- Cidade da Coruña: Concello da Coruña, Turismo Coruña.
- Universidade - Cátedras: Campus Innova, CITIC, Corunet, Facultade de Informática da Coruña, Instituto Tecnolóxico de Galicia, R, NTT Data, WIB Aldaba.
- Goberno de España: Ministerio de Universidades – Subvención a asociacións xuvenís e a federacións e confederacións de estudantes e de egresados cuxo ámbito de actuación sexa a universidade 2022.