Actualidade

Os Campus Innova e Sustentabilidade da UDC desenvolven 30 actuacións no ámbito da I+D+i ao longo do exercicio 2022

28/11/2022

A través dos Campus Innova e Sustentabilidade, a Universidade da Coruña está a impulsar decididamente un modelo universitario no que a especialización permita un posicionamento máis reforzado no contexto nacional e internacional. Para tal cometido ambos Campus desenvolven un amplo programa de actuación entre as que destacan as 30 actuacións desenvoltas no 2022 para impulso da I+D+i.


Unha das principais actuacións desenvolvidas foi a levada a cabo coa Asociación Española del Videojuego (AEVI) a través da que a UDC impulsa un amplo conxunto de actuación de divulgación e recoñecemento con directas implicacións en outros ámbitos formativos como o Grao de Creación Dixital, Animación e Videoxogos e co Máster Universitario en Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos.


Debe destacasrse tamén o apoio ao Máster Interuniversitario en Ciberseguridade dende o que leva a cabo unha formación avanzada que permita que as persoas egresadas poidan desempeñar tarefas en equipos de seguridade defensiva ("Blue Team") como en seguridade ofensiva ("Red Team"). Este enfoque eminentemente práctico complétase con formación nos aspectos xurídicos e de xestión correspondentes. Así, o Máster Interuniversitario en Ciberseguridade complementouse con 7 conferencias sobre a Análise Forense, 9 conferencias sobre Fortificación de Sistemas Operativos, 7 talleres sobre a temática do Test de Intrusión e 1 Conferencia sobre Análise de trazas dixitais e elaboración de informes periciais (o punto de vista da policía forense na elaboración de informes periciais e na analise de rastros dixitais). 


Ademáis das actuacuións destacadas, os Campus desenvolveron 23 actuacións (ou participación) de difusión seminarios e congresos como as de impulso do  Bacharelato STEMbach (Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía), o Weird Market(Mercado Internacional de Animación, Videoxogos e New Media) ou o 3D Wire Fest (Festival Internacional de Animación).