Actualidade

A Cátedra Luis Fernández Somoza trae á Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña ao referente de avogacía Antonio Garrigues Walker

16/11/2022

“En España nos olvidamos con frecuencia que hay que cuidarse de defender nuestra imagen y resaltar nuestros valores. Tenemos unos pudores injustificados". Así o sinalou Antonio Garrigues Walker durante a entrevista coloquio celebrada hoxe na Universidade da Coruña, invitado pola Cátedra Luis Fernández Somoza para a internacionalización dos estudos de Economía e Empresa. 

 

No acto participaron o reitor da UDC, Julio Abalde, e o decano da Facultade de Economía e Empresa, Manuel Gómez, así como o director de Cátedra Carlos Estévez, quen moderou a charla ante un nutrido público presente no Salón de Actos da facultade anfitriona.

 

Garrigues Walker, recoñecido xurista no ámbito internacional e cunha extensa traxectoria como asesor de grandes multinacionais e gobernos, asegurou que España debe sair de modo máis proactivo ao exterior nas súas relacións económicas, facendo unha política de atracción con países relevantes como Estados Unidos, Chima, India e Xapón. Botou en falta unha política exterior máis comprometida e forte, con liñas de acción claras, e asegurou que a opinión pública debería esixilo aos responsables políticos. “No tratamos la política exterior con el protagonismo que merece y ahora es vital”, subliñou.

 

Na súa análise sobre a saúde da democracia como forma de goberno, defendeu que “la calidad democrática está mejorando en el mundo aunque pueda hacerlo más, porque siempre es perfectible”. Advertiu que os populismos e as súas mensaxes simplistas xorden “cuando los políticos dejan el espacio vacío y no cumplen con la labor que deberían”. Neste sentido e centrándose no caso español, destacou a importancia de contar cunha sociedade civil máis crítica, que venza o tradicional sentimento individualista e sexa máis activa nas súas reclamacións aos gobernantes.