Actualidade

O recoñecido xurista Antonio Garrigues Walker analizará La posición de España en el mundo

10/11/2022

Un dos máximos referentes da abogacía e figura destacada da vida social, empresarial e política da historia recente de España, expicará os factores que poidan axudar as relacións económicas do noso país con grandres empresas estadounidenses, nunha charla coloquio co director da Cátedra Luis Fernández Somoza, Carlos Estévez Mengotti.

 

A Cátedra Luis Fernández Somoza para a internacionalización dos estudos de Economía e Empresa da Unversidade da Coruña organiza unha entrevista coloquio sobre  "La posición de España en el mundo" con Antonio Garrigues Walker, recoñecido xurista no ámtibo internacional e presidente de honra do despacho de avogados Garrigues, desde o que asesorarou a grandes multinacionais e gobernos ao longo das últimas décadas. 

 

A charla, de asistencia libre ata completar aforo, será moderada polo director da Cátedra Luis Fernández Somoza, Carlos Estévez Mengotti, e terá lugar o mércoles 16 de novembro ás 13:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

 

Neste encontro abordaranse cuestións de fondo como o concepto do liberalismo, o papel da sociedade civil na España presente e futura, ou as materias pendentes para unha democracia mellor articulada. A situación xeopolítica tamén será obxecto de análise, concretamente as tensións entre os bloques Europa-USA e Rusia-China, confrontados arredor a guerra de Ucrania.

 

Desde a súa condición de patrono da fundación España-USA e como destacado experto legal en inversións estranxeiras e en España, Garrigues Walker explicará a percepción das grandes empresas sobre o noso país e os factores que poidan facilitar a mellora das nosas relacións económicas. 

 

Curriculum vitae

Antonio Garrigues Walker, é xurista español e presidente de honra do despacho de avogados Garrigues. No 1954 pasou a formar parte desta firma fundada polo sue pai, Antonio Garriguez Díaz-Cañabate, e o seu tío, Joaquín Garrigues Díaz-Cañabate. Ostentou o cargo de presidente do despacho desde 1961, cando contaba con 27 anos, ata o 30 de setembro de 2014. Ademais preside a Fundación Garrigues e a Cátedra Garrigues de Dereito Global da Universidade de Navarra. 

 

É un recoñecido xurista no ámbito internacional. Destaca a súa labor como experto legal en inversións estranxeiras en España. Asesorou a grandes multinacionais, así como ao Goberno español en materia de lexislación económica, especialmente no campo das inversión estranxeiras. Tamén presta o seu asesoramento e coñecemento xurídico a gobernos, como é o de Estados Unidos e Xapón, nas súas relacións con España. Por iso, é Patrono de Honra das Fundaciones Consello de España-Estados Unidos, Xapón, China e Australia e Patrono da Fundación España-India. A súa preocupación polo fenómeno da globalización, o levou a ser pioneiro na cooperación con bufetes internacionais sendo, por exemplo, presidente da Asociación Mundual de Abogados. É membro do grupo espaol da Comisión Trilateral. 

 

Xunto a súa labor como xurista, sempre mantivo unha intensa actividade na vida social, empresarial e cultural do país. Así reflexouse no seu paso pola política. En 1982 creouse o Partido Demócrata Liberal (PDL), do que foi elixido presidente. Esta formación política integrariase en 1984 no Partido Reformista Democrático, unha operación impulsada xunto con Miguel Roca para tratar de ocupar o espacio político de centro. 

 

Antonio Garrigues foi nomeado Avogado Mundial polo Centro de Paz a través do Dereito e expresidente e patrono da Fundación José Ortega y Gasset-Gregorio Marañon. Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Gran Cruz de Isabel a Católica e Gran Cruz do Mérito ao servizo dos avogados. Premio Blanquerna da Generalitat de Catalunya. Premio Internacional Fundación Cristóbal Gabarrón á Traxectoria Humana. Orde heráldica de Cristóbal Colón (da República Dominicana). Premio Internacional de Ensaio Jovellanos 2013. Premio Iustitiae '2013, relacións bilaterais entre España e Portugal. Premio Asociación de Xóvenes Emprendedores (AJE) 2011 á Traxectoria Profesional.

 

Foi asesor especial do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) e actualmente é Presidente de Honra de España con ACNUR. Tamén é fundador do Capítulo Español de Transparencia Internacional (TI), organización de loita contra a corrupción.

 

Antonio Garrigues é presidente e conselleiro de diversas empresas e doutor honoris causa pola Universidade de Ciencias Empresariais e Sociais de Bos Aires (Arxentina), pola Universidade Europea de Madrid, pola Universidade Ramón Llull de Barcelona e pola Universidade Pontificia de Comillas en Madrid. Presidente do Padroado da Universidade Antonio de Nebrija.

 

Licenciado en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid, é relator habitual de seminarios e congresos da firma e de diversos centros e asociacións especializadas. Intervén como relator e moderador nun gran número de seminarios e encontros celebrados tanto en España como no estranxeiro.