Actualidade

A Deputación de A Coruña a través da Cátedra de Dereito Local da UDC publica o libro Derecho y dinamización e innovación rural

18/11/2021

 

Publícase a obra colectiva «Derecho y Dinamización e Innovación rural», dirixida polo Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, Francisco Javier Sanz  Larruga e o Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, Luis Míguez Macho e que foi editada pola Deputación a través da Cátedra de Dereito Local da UDC e da editorial internacional Tirant Lo Blanch.

 

O proxecto xurdiu a raíz do Seminario sobre Políticas Innovadoras de Dinamización Rural en Galicia, organizado o pasado mes de novembro de 2019 pola Cátedra de Dereito Local da UDC, que contou cunha moi ampla participación das entidades locais galegas. O seminario profundizou nos retos e nas medidasd que na Unión Europea e particularmente en Galicia estanse afrontando respecto do envellecemento e descenso social da poboación,  "que requiren dunha intervención decidida por parte das Administracións Públicas despregando instrumentos de cohesión que marquen un rumbo sostible da nosa sociedade trala  COVID -19”, en palabras do director da Cátedra Carlos Amoedo Souto.

 

Ao longo desta obra, os autores sen deixar de reflectir a realidade territorial española, tratan con ánimo aberto e positivo de aportar as súas ides para promover unha dinamización rural. Son moitas as propostas e instrumentos xurídicos novedosos que aquí, analízanse para contribuir a enriquecer este debate. Un debate que, en todo caso, debe concretarse en medidas concretas para o desenvolvemento e benestar dos pobos e aldeas do noso país, que non é senón a xusta resposta aos servizos que proporcionan a toda a sociedade. 

 

Os autores contaron coa participación de expertos pertencentes ás tres universidades galegas, e de outras universidades do Estado, entre os que se atopan a Doutora en Dereito Administrativo da Universidade Autónoma de Madrid, Blanca Rodríguez Chaves-Mimbrero; o Profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Vigo, Roberto Bustillo Bolado; a Doutora de Dereito Administrativo da Universidade Rey Juan Carlos, María del Mar Muñoz Amor; o Catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña, Jose Manuel Busto Lago; o Profesor de Dereito Civil da Universidade da Coruña, Juan J. Raposo Arceo; a Catedrática de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, Marta García Pérez; a Doutora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela, Diana Santiago Iglesias; o Profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, Marcos Almeida Cerreda; o Catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña,  Fernando González Laxe; o Doutor de Fundamentos de Análise Económico da Universidade da Coruña, Fernando Martín Palmero e a investigadora da área de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago , Alice de Nuccio.

 

O libro publicado en novembro de 2021 atópase dispoñible na Editorial Tirant.