Actualidade

A directora da Cátedra Vegalsa-Eroski falará sobre 'Saúde, (des)información e redes sociais' na Universidade Sénior da Coruña

03/11/2022

As profesoras Carmen Costa Sánchez e Iria Veiga Ramos impartirán o Seminario "Saúde, (des)información e redes sociais", organizada pola Universidade Sénior en colaboración coa Cátedra Vegalsa Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa. 

 

O seminario constará de 4 sesións de duas horas de duración (de 17 a 19 horas) a desenvolver os días 24 de novembro, 1, 15 e 22 de decembro, nas instalacións da Universidade Sénior na Normal (Paseo de Ronda nº 47 1º) de A Coruña. 

 

As redes sociais converteronse nunha importante fonte de información, tamén relacionada coa saúde. Non obstante, esa cantidade de información, opinións, experiencias, etc. que circula polas redes inclue tamén información falsa, o que pode conducir a erros no noso comportamento en materia de saúde. É por iso que a Organización da Saúde acuñou o termo de "infodemia" para referirse a esta situación de proliferación informativa no contexto de pandemia que se inicia en 2020.

 

Conscientes disto e das fake news que circulan pola rede, este seminario pretende, en primeiro lugar, reflexionar e analizar a información en saúde que nos chega a través das redes sociais. En segundo lugar, achegar unha serie de recomendacións para saber se a información que recibimos é unha información veraz e confiable. 

 

As metodoloxías que se seguirán neste curso son dúas: sesións participativas na aula con exemplos e obradoiro, onde se estudiarán casos de desinformación en saúde e aplicación de metodoloxía de verificación de información. 

 

As prazas son limitadas e asignaránse por rigorosa orde de inscrición. 

 

A inscrición será gratuita, puidendo realizarse a través da seguinte ligazón do 3 ao 20 de novembro de 2022.

 

Formulario de inscrición- Seminario "Saúde, (des)información e redes sociais".