Actualidade

Miguel Barroso falará sobre o panorama económico financeiro mundial de 2022 na Facultade de Economía e Empresa da UDC

02/11/2022

A Cátedra de Empresa Familar da Universidade da Coruña organiza mañá unha nova sesión do Taller de Directivos, na que contará coa participación do socio responsable da Zona Noroeste en Deloitte España, Miguel Barroso. 

 

A conferencia, titulada "Panorama económico financiero mundial 2022", terá lugar ás 18:30 horas na Facultade de Economía e Empresa (Campus de  Elviña, s/n) o venres 4 de novembro dirixida aos estudantes do devandito centro. 

 

O Taller de Directivos enmárcase no Máster Universiario en Dirección e Administración de Empresas (MUDAE-MBA) e nel interveñen profesionais de sectores diversos ao longo do curso. Na edición 2021/2022 participaron, entre outros, Jorge Casals, Director de márketing de Filkers; Carlos Martínez Rubinos, CEO de San Brandán; Anxo Calvo Silvosa, do Consello de Contas de Galicia; e Manuel Monterrey Meana, Director Xeral de AHMON. 

 

Sobre a Cátedra de Empresa Familiar da UDC

A Cátedra da Empresa Familiar da Universidade da Coruña naceu no 2005 mediante un convenio entre a Universidade da e o Instituto de Empresa Familar, co patrocinio da antiga Caixanova, Inditex e a Asociación Galega da Empresa Familar.

 

Este convenio recoñecía a especial significación e a importancia estratéxica da empresa familiar para a economía e a sociedade españolas, e de maneira particular, de Galicia. A Cátedra foi impulsada coa finalidade de promover a docencia, a investigación e  transferencia de coñecemento respecto ás características diferenciais das empresas familiares e as distintas problemáticas que afectan a súa xestión e crecemento.