Actualidade

A Cátedra HM-UDC convoca a quinta edición de bolsas de formación en Traumatoloxía do Deporte

02/11/2022

Cátedra de Traumatoloxía do Deporte da UDC lanza unha nova convocatoria de bolsas de formación para licenciados en medicina especializada en traumatoloxía do deporte para o curso académico 2022-2023.

 

Ofrece a este grupo de profesionais médicos continuar a súa formación neste campo nun centro de referencia nacional e internacional, integrándose no funcionamiento do equipo e participar das actividadades diarias segundo o plan de formación personalizado. 

 

As bolsas teñen unha duración de 12 meses e desenvolveranse no Instituto Médico Arriaza y Asociados e o Hospital HM Modelo (A Coruña).

 

Os interesados poderán presentar a súa solicitude a través do siguiente enlace ata o 22 de decembro de 2022.

 

Consulta aquí as bases da convocatoria