Actualidade

A Cátedra R convoca unha nova edición dos premios aos mellores traballos académicos e de investigación en Ciberseguridade Dixital

17/10/2022

A Cátedra interuniversitaria R en Ciberseguridade, impulsada por R, organiza os premios aos mellores traballos académicos e de investigación en ciberseguridade. O obxectivo principal destes premios é a promoción e difusión da actividade docente e investigadora sobre ciberseguridade.

 

Poderán presentar as súas candidaturas os estudantes que defendesen os traballos de Fin de Grao (TFG), os Traballos de Fin de Máster (TFM) e as Teses Doutorais durante os cursos académicos 2020-2021 e 2021-2022 nas Universidades públicas do Sistema Universitario de Galica (Universidade da Coruña, Universidade de Vigo e Universidade de Santiago de Compostela). Ademáis nesta convocatoria tamén poderán concurrir ao premios os traballos de investigación e transferencia en colaboración coa empresa presentados por equipos de investigación das universidades públicas ou centros de investigación do Sistema Universitario Galego. 

 

Os premios están dotados de 400 euros cada traballo de Fin de Grao, 600 euros cada traballo de Fin de Máster, 800 euros no caso da tese doutoral e de investigación en colaboración coa empresa. A entrega de premios realizarase durante a celebración do evento do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal.

 

As solicitudes poderánse presentar ata o 31 de outubro de 2022 a través da seguinte ligazón:

 

->Inscrición e bases da convocatoria.

 

Sobre a Cátedra R en Ciberseguridad Digital

A cátedra creouse en decembro de 2018 no seno das Universidade de Vigo e de A Coruña co apoio de R. Nace coa intención de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar coñecementos, técnicas ou habilidades dos membros da comunidade universitaria ou outros profesionais ás necesidades da empresa, fomentar a formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade. 

 

Un dos obxectivos que ten a cátedra é o impulso de actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora do ámbito da ciberseguridade.