Actualidade

O CEO de MERLIN Properties falará sobre o futuro da empresa española o 19 de setembro na UDC

15/09/2022

A Cátedra Luis Fernández Somoza para a internacionalización dos estudos de Economía e Empresa da Universidade da Coruña invita ao conselleiro delegado de MERLIN Properties, Ismael Clemente, e ao director da mesma compañia, Francisco Rivas, a disertar sobre o futuro da empresa española e a súa visión no ámbito europeo.  Farano durante un acto que terá lugar o luns 19 de setembro ás 13:00h na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. 

 

É unha aposta pola innovación nas súas sesións divulgativas, o director da Cátedra, Carlos Estévez Mengotti, moderará unha entrevista-coloquios cos relatores. 

 

Curriculum vitae
D. Ismael Clemente conta cunha experiencia como profesional do sector inmobiliario de máis de 20 anos. Traballou en Arthur Andersen Asesores Legales y Tributarios (actualmente Garrigues), Bankers Trust e no grupo Deutsche Bank, como Director Xeral, participando en transaccións cun volume total aproximado de 5.000 millóns de euros en toda a tipoloxía de activos inmobiliarios. Entre elas, cabe destacar a venda e leaseback da carteira Tree, a maior transacción inmobiliaria en Europa en 2009.

 

Desde a saída a Bolsa de MERLIN, liderou dous das maiores operacións do sector en España como son a adquisición de Testa e o acordo de integración de Metrovacesa, dous operacións que levaron a MERLIN Properties a convertirse nunha inmobiliaria líder en España e Portugal con activos por un valor de máis de 13.000 millóns de euros e unhas rendas brutas anuais superiores a 500 millóns de euros procedentes de arrendamentos. MERLIN pasou en 2015 a formar parte do selectivo Ibex 35 e desde 2020 cotiza tamén en Euronext Lisbon. 

 

O Sr. Clemente é licenciado en Dereito e Administración de Empresas por ICADE (E-3) e membro do Spanish Council del Urban Land Institute (ULI)