Actualidade

Traballos de asesoramento no ámbito da arquitectura con Emma López Bahut

30/06/2022

A investigadora Emma López Bahut, adscrita ao Departamento de Proxectos arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña e creadora de Arquitecturas Procesadas, promove proxectos arquitectónicos. O equipo investigador encárgase de realizar unha análise técnica dos procesos creativos do proxecto nas súas diferentes fases de desenvolvemento e a través da plataforma web arquitecturasprocesadas.com difunde os resultados de proxectos que destacan no seu proceso de deseño en diferentes formatos, dando así visibilidade ao traballo de grandes figuras  e estudantes da arquitectura. O proxecto, que deu comezo en febreiro ten unha duración de dous anos.