Actualidade

Compartindo o espazo do súper

18/05/2022

 

A Cátedra Vegalsa-Eroski continúa a colaboración co programa Espazo Compartido, programa da Universidade da Coruña para a empregabilidade e fomento da inclusión laboral de mozos e mozas con discapacidade cognitiva.  


 
O vindeiro luns 23 de Maio achegarémonos a un dos supermercados de Vegalsa-Eroski xunto co alumnado de Espazo Compartido. Alí, coñecerán de primeira man as distintas funcións dos profesionais que traballan no súper, a formación necesaria e as características que se necesitan para cada un dos postos de traballo dun supermercado.  


 
A actividade enmárcase nunha liña de colaboración iniciada o presente curso entre a Cátedra e o programa da Universidade da Coruña.