Actualidade

O director da Compañía de Tranvías de A Coruña falou sobre o futuro da mobilidade urbana na Facultade de Economía e Empresa da UDC

12/05/2022

 

A Cátedra de Empresa Familiar da UDC organiza unha nova edición do seu Ciclo de conferencias, que contou coa participación do director da Compaía de Tranvías de A Coruña, José Ignacio Prada. Baixo o título “Compañía de Tranvías de A Coruña y el futuro de la movilidad urbana”, o acto contou ademáis coa intervención do decano da Facultade de Economía e Empresa, Manuel Gómez, e a directora da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña, Berta Rivera. 


De acceso libre ata completar aforo, a conferencia, dirixida fundamentalmente aos estudiantes do centro, tivo lugar ás 18.30 horas na Facultade de Economía e Empresa.


O Ciclo de conferencias continuará a vindeira semana coa sesión impartida pola directora da Asociación de Empresa Familiar, Margarita Hermo, baixo o título “El tejido de las empresas familiares gallegas ante a crise de desabastecimiento”. Esta conferencia terá lugar o venres 19 de maio ás 18.30 horas na Facultade de Economía e Empresa.

 

Sobre a Cátedra de Empresa Familiar da UDC

A Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de A Coruña naceu en 2005 mediante un convenio de colaboración entre a Universidade e o Instituto de Empresa Familiar, co patrocinio da antiga Caixanova, Inditex e a Asociación Gallega da Empresa Familiar. Este convenio recoñecía a especial significación e a importancia estratéxica da empresa familiar para a economía e a sociedade españolas, e de maneira particular, de Galicia. A cátedra foi impulsada coa finalidade de promover a docencia, a investigación e a transferencia de coñecemento respecto ás características diferenciais das empresas familiares e as distintas problemáticas que afectan a súa xestión e crecemento.