Actualidade

O alumnado da FP dual da Universidade Laboral de Culleredo inicia as súas prácticas en Emalcsa

09/05/2022

Os estudantes de primeiro Ciclo Superior de Xestión da Auga impartido en Galicia, no CIFP Universidade Laboral de Culleredo comezaron a súa formación práctica en Emalcsa a través do plan de estudos do Sistema de Formación Profesional dual, pioneiro na comunidade galega.

 

Tras un primeiro semestre de formación teórica nas aulas, o alumnado pasa ás instalacións da empresa encargada da xestión directa do ciclo integral da auga en Coruña e a súa área metropolitana, onde continuará a súa aprendizaxe durante cinco meses. 

 

Para a xestión administrativa e económica da estancia dos alumnos en Emalcsa, tanto a compañia como o CIFP contaron con servizo de asistencia técnica da Fundación Universidade da Coruña (FUAC).