Actualidade

A Cátedra Vegalsa-Eroski patrocina a 2ª edición dos premios ás mellores experiencias de innovación docente UDC

27/04/2022

 
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación corporativa patrocinará un dos premios á "Mellor experiencia docente 2022" celebrados no marco das VI Xornadas de Innovación Docente.  
 
 
Contextos Universitarios Transformadores: a innovación como eixo vertebrador da docencia é o título das VI Xornadas de Innovación Docente, organizadas polo CUFIE co apoio e impulso da Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente.  
 
 
Durante as mesmas, o profesorado da Universidade da Coruña está convidado a presentar en formato vídeo as súas experiencias innovadoras sobre algunas das seguintes liñas temáticas: 
 
  • Metodoloxías activas en docencia presencial e semipresencial. 
  • Mellora de procesos e instrumentos de avaliación da aprendizaxe. 
  • Titorización e atención ao alumnado. 
  • Uso e aplicación de recursos tecnolóxicos para a mellora da aprendizaxe. 
  • Fomento da responsabilidade social e ambiental universitaria. 
  • Emprendemento e empregabilidade. 
  • Instrumentos e recursos para a mellora da organización e o desempeño docente. 
  • Accións de divulgación e transferencia do coñecemento á sociedade. 
  • Creación de recursos educativos en aberto. 
  • Accións de innovación educativa para a inclusión, a diversidade e a igualdade de xénero. 
 
A  Cátedra patrocina o premio a unha das experiencias presentadas seguindo as seguintes bases.  
 

Proxecto Soka. Música e teatro para a toma de conciencia sobre a violencia escolar. Rocío Chao Fernández, Aurelio Chao Fernández e Francisco C. Rosa Napal

 

Traballo premiado pola Cátedra Vegalsa-Eroski de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa na 2ª edición dos premios “Mellor experiencia docente”, celebrado no marco das Xornadas de Innovación docente UDC o 20 de maio de 2022.