Actualidade

A memoria do Baile. O dereito aos arquivos para unha práctica cultural

20/04/2022

 

Nova edición das xornadas A Voltas co baile: A memoria do baile. O dereito aos arquivos para unha práctica cultural organizada polo Museo do Pobo Galego, en colaboración co Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22.

 

Será o sábado 30 de abril, de 10.30 a 14.00h e participan Carlos Amoedo Souto (profesor de Dereito Administrativo da UDC, director da cátedra de Dereito Local da UDC-Deputación da Coruña), Gabriel Quiroga Barro (arquiveiro do Arquivo do Reino de Galicia) e Patricia Gabeiras (doutora en Dereito da Cultura).


As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición ata o o 28 de abril (prazas limitadas), sendo a entrada de balde para persoas socias e desempregadas, 3€ para estudantes e 4€ prezo xeral.

 

Para máis información e inscrición:

http://museodopobo.gal/gl

servizosdeac@museodopobo.gal

 

Consulta aquí o programa da xornada