Un total de sete estudantes da Facultade de Economía e Empresa poderá desfrutar das axudas concedidas pola Cátedra de Internacionalización de Estudos Luis Fernández Somoza na primeira convocatoria do curso 2018/2019, que lles permitirán cursar parte dos seus estudos de Grao nas universidades de South Wales e Delaware.
Unha vez publicada a resolución de axudas á internacionalización do alumnado, que pode consultarse aquí, os estudantes acudirán ás universidades de acollida e, ao finalizar os estudos acordados, remitirán unha memoria de estancia á organización.
Axudas ao profesorado
A Cátedra Luis Fernández Somoza mantén aberta a convocatoria de axudas á internacionalización de docentes e investigadores durante todo o curso. Poden consultarse as bases a través deste enlace.