Actualidade

Só a fidelidade aos teus valores ó longo do tempo e a transparencia pode gañar a confianza

07/03/2022

 

Nun escenario de desconfianza social e de emerxencia climática como o que vivimos as marcas atópanse fronte a dous grandes retos: que os seus discursos sexan sostibles e creíbles. Para ser sostible é completamente necesario un gran compromiso co medio, coas persoas e coa saúde e seguridade, e todos queremos estar ahí, pero non todas as empresas están preparadas para aceptar o que iso significa. Así é como aparece o "green whasing", que se encarga de vestir de verde e sostible todo o que sexa necesario. Por outra banda está a credibilidade tan difícil de conseguir no teu discurso:  só a fidelidade aos teus valores ó longo do tempo e a transparencia pode gañar a confianza. 

 

Casa Grande de Xanceda é unha granxa ecolóxica no interior da provincia da Coruña que coida de 300 vacas ecolóxicas e elabora iogures e outros lácteos ecolóxicos. E, precisamente, fai da transparencia e sostenibilidade o seu discurso e a súa forma de ser. O maior aval de transparencia que demostra a transparencia desta granxa coruñesa son as máis de 55.000 persoas que a visitaron, pois esta é unha granxa de portas abertas, completamente visitable. Tamén en todas as comunicacións propias, como as redes sociais, os contidos son reflexo do día a día da granxa e en todas as nosas accións de marketing empregamos a granxa, os prados e os animais como inspiración. 

 

O compromiso coa sostenibilidade en Casa Grande de Xanceda é intrínsenco á súa existencia. É unha granxa ecolóxica con 200 hectáreas de prados e montes ecolóxicos onde pacen libremente e felices 200 vacas que viven protexidas do lobo por dous burros e mastíns. Non só a sostenibilidade é co medio ambiente, senón que tamén o é co rural, o lugar onde se asenta e ó cal pertencen o 80% do seu equipo. Cando a sostenibilidade te define non é un valor que poidas mostrar nun spot ou nunha campaña de marketing, debe estar en todas as decisións empresariais que se toman. Os que nos dedicamos á comunicación sacamos brillo a eses valores e realizamos accións creativas para enfatizalos e comunicalos, pero non serán verdadeiramente efectivos senón son honestos. 

 

Jessica Rey, responsable de comunicación de Casa Grande Xanceda

 

Consulta aquí máis información do programa e cómo inscribrite na xornada do luns 7 de marzo sobre  "Un mundo máis sustentable. Comunicación, Sustentabilidade e Confianza".