Actualidade

Charlas online de Enxeñeiras Informáticas da UDC polo Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

09/02/2022

 

Coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro) a Facultade de Informática de A Coruña e o MUNCYT organizan unhas charlas online impartidas por mulleres dedicadas a profesións tecnolóxicas que serán retransmitidas nos instituos/colexios que se apunten ao evento.

 

Catro enxeñeiras tituladas pola Universidade da Coruña contarán a súa experiencia para que o alumnado dos centros educativos coñeza qué motiva as vocacións tecnolóxicas e cómo é o traballo en temas tan destacados como a intelixencia artificial e a aprendizaxe máquina, o Big Data, a xeración de contidos dixitais innovadores... As charlas son, ademáis, unha mostra da abundancia e importancia de mulleres neste ámbito. Desde a Cátedra participamos cunha charla de 30 minutos dunha das profesionais de ALDABA, Gema Vázquez, cunha intervención titulada " ¿Sabes que el dato es información, y la información es poder?".

 

É unha actividade dirixida a grupos de centros educativos (Secundaria, Bacharelato e FP), con reseva previa. Os grupos participantes poderán enviar as súas preguntas con antelación ao correo electrónico de reservas.

 

A actividade retransmitirase en directo en formato dixital por videoconferencia. 

 

Consulta aquí o programa completo da actividade.