Actualidade

A Cátedra Vegalsa-Eroski e Espazo Compartido colaboran na integración das personas con discapacidade cognitiva

27/01/2022

 

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso social, Comunicación e Reputación corporativa impulsou a súa liña de traballo en materia de acción social ao desenvolver unha actividade en colaboración co programa Espazo Compartido para a integración laboral de persoas con discapacidade intelectual da Universidade da Coruña. A importancia do uso correcto das redes sociais, a participación en foros de empleo, a actitude ante unha entrevista de traballo e a motivación ante o acceso ao mercado laboral son algúns dos aspectos que trataron esta mañá o alumnado, a coordinadora e as docentes de Espazo Compartido cos respresentantes de Recursos Humanos de Vegalsa Eroski durante o obradoiro de empregabilidade organizado pola Cátedra. 

 

 

No marco das actividdes de educación, divulgación, investigación e aplicación do coñecemento da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso social, Comunicación e Reputación corporativa, e no seu obxectivo de contribuir ao benestar e a mellora da nosa sociedade, tivo lugar a iniciativa "Compartindo o espazo da empresa", a primera de moitas que terán lugar da man de Espazo Compatido, o programa universitario de formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas orientado, desde a Universidade da Coruña, á mellora da empregabilidade e ao fomento da inclusión laboral de xoves con discapacidade cognitiva. 

 

 

En palabras de Carmen Costa Sánchez, directora da Cátedra, "llevamos en el nombre del proyecto el compromiso social, por lo que pensamos que colaborar y contribuir a los objetivos de Espazo Compartido es una muy buena iniciativa que da ejemplo de ese compromiso con la sociedad". "Pretendemos ser el enlace con aquellas causas e iniciativas de acción social que se desarrollan en la Universidad; intentaremos ayudar y apoyarlas siempre que podamos, pues no hay comunicación responsable sin comportamiento responsable", engadiu.