Actualidade

As accións como motor do cambio social

18/01/2022

 

A extensa rede de colaboradores de Vegalsa-Eroski non parou de medrar nos últimos meses. Ao longo do 2021, a compañia de distribución alimentaria continuou  urdindo numerosas alianzas en materia de acción social que desembocaron na creación da cátedra de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa da UDC e na elaboración da súa propia Guía de atención ao cliente con discapacidade visual. Ademáis, a súa aposta por proxectos medioambientais materializouse nun convenio coa entidade Amicos.  

Cara a onde se encamiña a estratexia de responsabilidade social empresarial da empresa?, Que resultados brindáronlles os proxectos xa iniciados? 

 

Contanolo a directora de RSE de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, nun encuentro dixital no que tamén participa Carmen Costa, directora da cátedra da UDC e Vegalsa-Eroski; Xoán España, director de Amicos; e Eva Capelete, impulsora da Guía para clientes con discapacidade visual de Vegalsa.

 

A xornada celebrarase o mercores 19 de xaneiro ás 11:00h e retransmitiráse a través de: lavozdegalicia.es, Facebook e Youtube de La Voz de Galicia