Actualidade

A Xunta e as tres universidades galegas colaborarán nun estudo sobre a incidencia do cambio climático na costa da Comunidade

07/01/2022

 

O estudo incluirá as tarefas necesarias para completar o actual visor cartográfico que achega información sobre dúas variables: os riscos de inundacións e os de subida de nivel do mar. Este visor permitirá coñecer os impactos do cambio climático na costa e avaliar os riscos asociados, tendo en conta as especiais características da costa galega. A informacón obtida polos investigadores e técnicos permitirá aumentar o coñecemento neste ámbito para levar a cabo un bo progreso xeral, social e económico e os seu desenvolvemento sostible. É unha maneira de contribuir a mellora dos servizos públicos e aumanter a reliciencia da costa de Galicia fronte ao cambio climático.

 

Para levar a cabo os fins do convenio creanse grupos de investigación multidisciplinar nas diferentes universidades. As diversas actuacións desenvolveranas: o Grupo de Enxeñaría e Medio Ambiente (GEAMA) da UDC dirixido polo investigador do Citeec Enrique Peña, creado dentro do ámbito do interese das Tecnoloxías Ambientais, que se encargará de analizar os impactos da costa vencellados á erosión; dentro da Universidade de Vigo participa REDE, creado no ámbito da excelencia operacional, por un lado, e enerxía e medio ambiente por outro, que fará o análise dos riscos socioeconómicos na costa galega derivados do cambio climático; e dentro da Universidade de Santiago de Compostela participa ECO-IURIS, grupo de investigación de economía ambiental e xestión, encargados de estudar cómo afecta ao cambio climático aos ecosistemas costeiros galegos. Posteriomente o traballo rematará coas análises dos técnicos de Meteogalicia sobre os efectos físicos que provocan a acción das augas da costa.