Actualidade

O dereito da instalación de parques eólicos a debate

23/11/2021

 

O obxectivo da presente xornada, que acollerá a Facultade de Dereito da Universidade da Coruña o vindeiro 10 de decembro, é explorar de maneira crítica o papel do Dereito na regulación do conflito entre o dereito das empresas enerxéticas a construiren parques, e o dereito da cidadanía a defender o territorio como un ben común das vindeiras xeracións. A entrada a xornada é libre.

 

Na actualidade o territorio galego afronta un futuro que pode cualificarse de alarmante.  A Xunta de Galicia está a tramitar a autorización dun total de 375 proxectos de novos parques eólicos, cuxa potencia ascende a 7.200 MW. Isto supón case triplicar a potencia agregada existente en Galicia (4.000 MW instalados).

 

Malia a enerxía eólica defenderse como unha alternativa enerxética limpa e renovable nun contexto de loita pola descarbonización da economía, o número e volume de parques eólicos previstos determinan un altísimo impacto sinérxico sobre trazos esenciais do territorio galego: patrimonio cultural, recursos ambientais, aproveitamentos tradicionais, etc.

 

Ao longo da xornada expertos na materia falaran sobre Como é esa regulación xurídica? Atende de maneira equilibrada aos intereses en presenza? Cales son os seus nesgos? Podemos agardar unha tutela xudicial efectiva fronte a un capitalismo insaciable, agora pintado de verde?.

 

Consulta aquí o programa