Actualidade

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC patrocina a cuarta edición do curso sobre economía circular no marco da Axenda 2030

03/11/2021

 

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable colabora na cuarta edición do curso “A economía circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimendo do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable número 12”, que terá lugar na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña o 12, 19 e 26 de novembro. 

 


Organizado polo Campus Sostenibilidade e a Asociación para a Sostenibilidade y o Progreso das Sociedades (ASYPS), o curso conta co apoio de Ecoembes e o patrocinio da Cátedra Hijos de Rivera-UDC, que financia, ademáis, o proxecto sobre construcións de traballo sostibles no sector agropecuario, que os profesores María Carreiro e Cándido López presentarán durante a sesión “innovación social para a economía circular”, o 26 de novembro ás 10:50 horas.

 


O obxectivo desta cuarta edición é dotar aos participantes, principalmente profesionais, licenciados e estudantes, dun amplo y rigoroso coñecemento do significado do novo marco de nomenclatura da economía circular, coa misión de abordar os retos de desenvolvemento sustentable glogal asociados á Axenda 2030 de Nacións Unidas. AS sesións irán encaminadas, ademais, a reforzar os programas de estudo que xiran en torno ao ODS número 12, sobre "produción e consumo responsábel".

 


Accede aquí ao programa completo do curso.