Actualidade

Desenvolvemento dunha aplicación para dispositivos móbiles para a xestión dos terreos polo Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC

26/10/2021

 

O desenvolvemento dunha aplicación móbil para a recollida e visualización de maneira georreferenciada de manifestacións de interese en iniciativas de xestión forestal asociativa corre a cargo do Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC, baixo a dirección de Juan Touriño e Ramón Doallo da Facultade de Informática.

 

A aplicacion estará oriendada aos propietarios forestais que estean interesados en colaborar con outros na xestión dos seus terreos nunha determinada zona, permitíndolles introducir a posición onde lles interesaría realizar a colaboración, así como a visualización sobre un mapa das manifestacións existentes que foron publicadas por outros usuarios.

 

O prazo durante o cal se desenvolverán os traballos será de 6 meses, a contar desde o 1 de outubro de 2021, cun orzamento que ascende a 21.780 euros.