Actualidade

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible comprometida co sector agrario galego

25/10/2021

 

A Cátedra Hijos de Rivera–UDC de Desenvolvemento Sostible, no seu obxectivo de contribuír a fomentar unha actividade económica competitiva e sostible, con especial atención ao sector agrario galego, impulsa un proxecto no ámbito da arquitectura, poñendo a disposición da comunidade modelos de construcións de traballo sustentables.


O proxecto céntrase nas construcións de pequena escala que acompañan o traballo nunha parcela agrícola. Aporta modelos de centros deseñados tendo en conta a sustentabilidade ambiental, económica e territorial. O documento, elaborado polos Dres. Arquitectos María Carreiro Otero e Cándido López González, do Grupo de Investigación en Arquitectura e Urbanismo Sustentable da UDC, pode consultarse na web da Cátedra HR-UDC.

 

Nota de prensa