Actualidade

A Cátedra HR-UDC de Desenvolvemento Sostible presenta as súas actividades nunha xuntanza organizada polo Concello da Coruña

13/05/2021

 

“Del Huerto a la Ciudad” é un evento de reflexión estratéxica sobre o programa URBACT e as Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI), e a súa vinculación concreta coas políticas alimentarias urbanas, o Pacto de Milán e a Glasgow Food and Climate Declaration (https://es.glasgowdeclaration.org/). 


Como parte desta reflexión máis ampla e con vistas a establecer contactos e conexións organizaronse duas reunións os días 13 e 14 de maio en formato reducido no marco do evento “Del Huerto a la Ciudad”.


O obxectivo é poder poñer en común experiencia, intercambio de coñecementos e procurar alianzas de cara ao desenvolvemento conxunto de proxectos, propostas a nivel europeo e, en xeral, cualquera outra colaboración que poida surxir entre participantes. 


As reunións foron conducidas por representantes do Punto Nacional URBACT en España e contaron coa participación dalgúns dos municipios e entidades de referencia en materia de cada reunión. O Director da Cátedra Hijos de Rivera-UDC, Ángel Fernández Castro presentou as actividades da Cátedra relacionadas coa economía circular e localización de ODS na xuntanza que tivo lugar o 13 de maio en A Coruña.