Actualidade

Prórroga do convenio de colaboración que regula A Cátedra SXD Galicia Activa

21/07/2021

 

O convenio que regula A Cátedra SXD Galicia Activa prorrógase un ano máis, o que permitirá continuar fomentando o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral favorecendo a divulgación dos beneficios da adopción de estilos de vida físicamente activos entre a poboación galega, contribuindo á formación dos profesionais, fomentando a investigación e transmisión de coñecementos sobre actividade física como instrumento para a prevención das enfermidades crónicas non trasnmisibles e dos seus factores de risco.