Actualidade

A UE financia a restauración da Igrexa, Claustro e areas De Visita Pública no Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos (Lugo)

24/05/2021

A UDC encarga ao profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura, Manuel José Freire Tellano, a redacción do proxecto de Conservación na Igrexa, Claustro e áreas de Visita Pública no Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos (Lugo). Para a súa realización contará con 6 meses desde a sinatura do encargo, o 30 de abril de 2021. O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 que promove a restauración e mellora das condicións de conservación dos elementos singulares do patrimonio cultural da Ribeira Sacra para a súa difusión e posta en valor.