Actualidade

O economista José Manuel Puente invitado a Galicia pola Cátedra Luis Fernández Somoza

03/05/2021

 

O reputado economista venezolano José Manuel Puente foi intivado pola Cátedra Luis Fernández Somoza o 3 de maio a Universidade da Coruña para falar sobre "Venezuela en etapa de colapso; un análisis histórico comparativo", onde analizou o extraordinario potencial que ten Venezuela e falou de como reconstruila nun país de progreso, benestar e equidade para todos.

 

 

José Manuel Puente, fillo de galegos e formado na London School of Economics e na Universidade de Oxford, é na actualidade profesor no Centro de Políticas Públicas do Instituto de Estudios Superiores de Administración-IESA (Venezuela). Tamén foi profesor visitante nas universidades de Salamanca, Chicago, Autónoma de Madrid, na Universidade de Oxford (Blavatnik School of Government en la que trabajó xunto á profesora da UDC María Isabel Novo-Corti) na Universidade Autónoma de Madrid e no Instituto de Empresa (IE). Foi relator en outros notables centros como a Universidade de Harvard, Princeton e o MIT (Boston, MA). E colaborou estreitamente con organismos como o  Inter-American Development Bank (IDB), e o Banco Mundial.

 

Realizou unha análise histórica e comparativa da evolución agregada do PIB para cuantificar empíricamente o actual colapso que vive a economía venezolana e os impactos sociais xerados pola mesma. Utilizando datos do FMI para o período 1980-2020 en 192 países e do BCV para o lapso 1950-2018, realizou unha análise comparada, facendo especial énfase no período da Revolución Bolivariana (1999-2020). Na parte final do relatorio falou do "futuro".Os programas sociais de emerxencia, de estabilización e cambio estrutural e institucional que Venezuela ten que implementar para recuperar a senda de crecemento económico, estabilidade de precios, pleno abastecemento e benestar da súa poboación.

 

A colaboración do sector privado coa Universidade permite impulsar o coñecemento e xerar externalidades para a sociedade, xa que esta interesante participación do profesor Puente foi posible grazas a financiación da Cátedra Luis Fernández Somoza para a Internacionalización, dirixida polo profesor Estevez Mengotti da Universidade da Coruña, e a colaboración da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela que dirixe a profesora de Economía  Aplicada  María Cadaval. A súa intervención foi dual, o profesor Puente ofreceu unha charla o día 3 de maio na Universidade da Coruña e o día 4 de maio na Universidade de Santiago de Compostela.