News

Visita institucional da Facultade de Economía e Empresa á University of South Wales

15/11/2017

O decano da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, Anxo Calvo, e a vicedecana de Relacións Internacionais e Mobilidade, Rosa Mariz, mantiveron entre o 7 e o 9 de novembro diversas reunións con cargos académicos e persoal docente da University of South Wales co obxectivo de facer un seguimento da situación actual do convenio de dobre grao UDC-USW.

 

Reunidos no Campus de Treforest (Cardiff, Gales, Reino Unido), os representantes da FEE encargáronse de valorar as posibles accións de mellora para incrementar o intercambio de estudantes; anticipar as consecuencias da posible eliminación que actualmente o Goberno galés outorga, froito do BREXIT, aos estudantes da UE; e presentar os programas de mobilidade para profesorado financiados pola Cátedra de Mobilidade Internacional Luís Fernández Somoza. 

 

Durante a visita institucional, os membros do equipo decanal da Facultade coruñesa tiveron ademais a oportunidade de coñecer aos novos cargos académicos que serán os futuros interlocutores da USW coa FEE e de definir actuacións que aumenten a fluidez de tramitación administrativa dos intercambios.

 

Finalmente, Calvo e Mariz mantiveron un encontro cos nove estudantes do grao en Administración e Dirección de Empresas da UDC que actualmente cursan o programa de dobre grao coa USW.