Actualidade

A Facultade de Economía e Empresa acolleu o relatorio `Xestión empresarial dunha crise e do día despois´

20/11/2020

 

Miguel Barroso, socio director de Deloitte, ofreceu o xoves 19 de novembro o relatorio "Xestión empresarial dunha crise e do día despois", enmarcada dentro do programa da materia Xestión da empresa familiar do Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (MUDAE) da Universidade da Coruña. Esta asignatura está impartida pola Cátedra de Empresa Familiar, que ten como finalidade promover a investigación e docencia respecto ás características diferenciales deste tipo de empresas e as problemáticas que afectan a súa xestión e crecemento.

 

A sesión, que tivo lugar ás 18:30 horas na Facultade de Economía e Empresa, estivo dirixida aos alumnos do propio mestrado, así como ao estudiantado interesado dos demás Graos impartidos na Facultade. Así mesmo, a sesión estivo dispoñible para estudantes da Universidade de Vigo a través da modalidade on-line, en colaboración coa Cátedra de Empresa Familiar de dita Universidade. 

 

Durante a súa exposición Barroso tratou aspectos tan relevantes para as empresas como: a contextualización dos primeros impactos económicos da Covid-19 e as súas diferenzas respecto a crises económicas anteriores; aspectos clave da xestión empresarial desta situación que promovan un liderado resiliente e eficaz; as axudas da Unión Europea para transformar os negocios e os retos futuros aos que se enfrentan as empresas a partir da evolución dos indicadores actuais.

 

A Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña enmarcase nun convenio de colaboración entre a UDC e a Asociación Galega de Empresa Familiar, Inditex e o Instituto de Empresa Familiar. Esta colaboración materializase a partir da especial relevancia da empresa familiar na economía do noso país, en particular en Galicia. Recentemente, esta cátedra reforzou a súa relación universidade-empresa a través da firma da renovación e actualización do convenio coa Asociación Galega de Empresa Familiar, o Instituto de Empresa Familiar e a empresa Inditex para os próximos catro años.