Actualidade

II Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa: Exercicio físico e envellecemento

18/11/2020

 

O próximo 17 de decembro de 2020 de 17:00 a 20:00 horas e a través de plataforma virtual, terá lugar a II Jornada da Cátedra que lleva por título "Exercicio físico e envellecemento". Nesta xornada participarán os seguintes relatores:

 

Dr. Mikel Izquierdo Redín. Catedrático e director do Departamento de Ciencias de la Salud de la Universidad Pública de Navarra. Profesor do Mestrado en Alto Rendimiento Deportivo del Comité Olímpico Español. Na actualidade participa como investigador no CIBER de fragilidad y envejecimineto saludable, participando no proxecto H2020 DIABFRAIL Latam. É o director científico do programa multicompoñente VIVIFRAIL. Dirixiu máis de 25 Tesis Doutorales no ámbito da actividade física e publicado máis de 355 artícuos indexados no JCR con máis de 15000 citas. Factor H (en 12 años): 55 (55 artículos citados 55 ou máis veces). Publicacións recientes: https://wwww.researchgat4e.net/profile/Mikel_Izquierdo3/publications. Presentará lo relatorio: ¿Ata que punto merece a pena facer programas de exercicio físico coas persoas maiores?.

 

Dr. Julián Alcázar Caminero. Profesor axudante Doutor na facultade de Ciencias do Deporte da Universidad de Castilla-La Mancha. Investigador dentro do Grupo Genud Toledo (UCLM)  e do `Copenhagen Center for Clinical Age Research´. Estancias de investigación no Laboratorio de Fisiología e Rendimiento Humano da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria e na Unidad de investigación Geriátrica do `Bispebjerg Hospital´. Autor de varios artículos científicos publicados en revistas internacionais con factor de impacto (JCR) relacionados coa función muscular e o envellecemento. Exporá o relatorio: O  efecto `anti-aging´da potencia muscular.

 

Dra. Laura Lorenzo López. Doutora en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, con formación en Neurociencia Cognitiva do envellecemento. Investigadora Ramón y Cajal no Grupo de Investigación en Xerontoloxía e Xeriatría da Universidade da Coruña. Participa en diversos proxectos nacionais e internacionais relacionados coa promoción do envellecemento activo, e lidera actualmente un proxecto financiado pola Xunta de Galicia para o estudio da relación entre o deterioro cognitivo e a fraxilidade física mediante medidas neuropsicolóxicas e electrofisiolóxicas. Presentará o relatorio: Evidencia neuropsicolóxica e electrofisiolóxica da relación entre a fraxilidade física e o rendemento cognitivo. 

 

Dr. Eduardo Carballeria Fernández. Doutor en Educación Física e Deporte pola Universidade da Coruña, Mestrado en Alto Rendemento Deportivo (COE e UAM), Profesor de Fisioloxía do Exercicio da UDC. Profesor no Mestrado de Adestramento e Saúde da UDC e do Mestradro en Entrenamiento Deportivo, Actividad Física y Salud na Universidad Ramón Llull. Investigador do Grupo de Investigación Xerontológica e Xeriatrica da UDC, desenvolvendo a línea de investigación de adestramento físico en adultos maiores. Exporá lo relatorio: Adestramento guiado por percepción de esforzo e avaliación do control motor en adultos maiores institucionalizados. 

 

A inauguración da xornada contará coa presenza de D. Julio Abalde Alonso, Reitor da Universidade da Coruña e D. José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. 

 

Más información e inscricpión