FUAC
Salvador Naya Fernández, investigador do CITIC da Universidade da Coruña, formará parte durante tres anos do Consello Asesor Científico de Open Research Europe, unha plataforma impulsada pola Comisión Europea que promove a publicación científica en acceso aberto. O seu labor contribuirá a orientar a estratexia editorial da iniciativa e a garantir a integridade, a transparencia e a calidade das súas publicacións. Fonte: Quincemil.