News

A cultura como ferramenta para mellorar a saúde mental e favorecer a inclusión

19/10/2026


Mercedes Seoane Bouzas, terapeuta ocupacional, psicóloga e profesora da Universidade da Coruña (UDC), destaca o papel da cultura na mellora da saúde mental e a inclusión social. Nunha entrevista publicada por El Ideal Gallego, defende que o acceso a actividades culturais axuda a combater o estigma e permite que as persoas con problemas de saúde mental participen plenamente na comunidade.


Ao longo da entrevista, Seoane explica como iniciativas que conectan museos e centros sanitarios poden xerar novas oportunidades de participación, especialmente para quen atopa barreiras para acceder a estes espazos. Tamén subliña a importancia de formar a futuros profesionais para identificar e reducir as limitacións físicas, cognitivas e sociais que dificultan a inclusión.


A especialista lembra que as persoas non deben ser definidas por un diagnóstico, senón recoñecidas polos seus dereitos e capacidades. Desde esta perspectiva, a cultura preséntase como unha vía para promover o benestar, reforzar os vínculos comunitarios e avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva.


Poden ler a entrevista completa en https://www.elidealgallego.com/a-coruna/2026-10-17/mercedes-seoane-no-se-funciona-por-un-diagnostico-sino-por-ser-personas-885593.html