A Cátedra UDC Vegalsa-Eroski reforza o seu compromiso coa promoción dunha alimentación saudable e a prevención de enfermidades mediante a súa colaboración no programa Outubro Saudable 2026 da Universidade Sénior da Universidade da Coruña. A iniciativa inclúe conferencias nos campus da Coruña e Ferrol co obxectivo de achegar coñecementos especializados sobre nutrición e saúde á comunidade universitaria.
A Dra. Teresa Martínez protagoniza as conferencias na Coruña e Ferrol
A Dra. Teresa Martínez Ramonde, xefa do Servizo de Endocrinoloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), impartirá a palestra «Nutrición e enfermidades crónicas» nas dúas sedes da Universidade Sénior.
No campus da Coruña (Aula 1 Edificio Normal. Paseo de Ronda, 47, 1º), a conferencia celebrarase o 22 de outubro, ás 11:00 horas, en colaboración coa Cátedra UDC Vegalsa-Eroski. A actividade será de entrada gratuíta ata completar aforo. Pola súa banda, no campus de Ferrol (Aula 2.1 Edificio Apoyo al Estudio. Campus de Esteiro) terá lugar o 23 de outubro, as 11:00 horas, e será necesario realizar unha inscrición previa para asistir [ENLACE DE INSCRICIÓN AQUÍ].
A través destas sesións, a especialista abordará a relación entre a alimentación e as enfermidades crónicas, destacando a importancia dos hábitos alimentarios na prevención e no coidado da saúde. As conferencias permitirán achegar información rigorosa e práctica sobre o papel da nutrición na calidade de vida e fomentar unha maior concienciación sobre a importancia dunha alimentación equilibrada.
O compromiso da Cátedra UDC Vegalsa-Eroski coa saúde
O impulso da Cátedra UDC Vegalsa-Eroski a esta actividade na Coruña pon de manifesto o seu compromiso coa divulgación científica, a educación alimentaria e a promoción de hábitos saudables. A colaboración coa Universidade Sénior contribúe a achegar o coñecemento especializado á sociedade e a fomentar a prevención a través da formación.
Esta iniciativa enmárcase no programa Outubro Saudable 2026, promovido pola Universidade Sénior en colaboración con UDCSaudable, con motivo do Día das Universidades Saudables, que se conmemora cada 7 de outubro.
Para consultar o programa completo de actividades de Outubro Saudable 2026, preme aquí.