News

Un investigador da UDC recibe unha Bolsa Leonardo para estudar a organización das proteínas

24/09/2026

O investigador Jesús Mosquera Mosquera, adscrito ao CICA da Universidade da Coruña, obtivo unha Bolsa Leonardo 2026 da Fundación BBVA para desenvolver o proxecto NANO-4P, centrado no estudo dos mecanismos que permiten ás proteínas organizarse e formar as estruturas moleculares esenciais para a vida. A investigación desenvolverá nanomateriais sintéticos inspirados nestas biomoléculas, con posibles aplicacións futuras en ámbitos como a medicina, a enerxía e a nanotecnoloxía [pica aquí para ver a noticia completa].