Actualidade

A Coruña acollerá o DATAfórum Justicia 2026, centrado na transformación dixital da Xustiza

16/10/2026

Palexco acollerá do 21 ao 23 de outubro a quinta edición do DATAfórum Justicia 2026, organizado polo Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes coa colaboración da Universidade da Coruña e do Concello. O encontro reunirá máis de 180 especialistas e máis dun milleiro de asistentes para analizar o impacto da intelixencia artificial e das novas tecnoloxías no sistema xudicial. Entre as actividades destacarán o DATAthon, no que estudantes universitarios buscarán solucións innovadoras para retos da Administración de Xustiza, e o novo Prompathon, centrado na aplicación da intelixencia artificial ao ámbito xurídico [pica aquí para ver a noticia completa].