O investigador baiés Braulio Pérez Astray presentou no III Congreso Internacional Luso-Galaico de Historia da Medicina, celebrado na Coruña do 1 ao 3 de outubro, un traballo sobre a evolución da asistencia sanitaria na Costa da Morte durante a segunda metade do século XX. A través da traxectoria do seu pai, o médico Manuel Pérez Maroño, recuperou a memoria dunha xeración de profesionais que exerceu nunha comarca marcada polo illamento, as deficientes comunicacións, a distancia dos hospitais e a escaseza de medios. O encontro reuniu a especialistas de España e Portugal para analizar a evolución histórica do saber médico e das distintas formas de atención sanitaria [Fonte: La Voz de Galicia].