Actualidade

Aventura STEM: ALDABA TIC-Camp 2026 propón unha viaxe no tempo para espertar vocacións tecnolóxicas

11/05/2026

 

A Cátedra presenta unha nova edición do TIC-Camp na Coruña e Ourense. Baixo o lema "Aventura STEM: Viaxe no Tempo", cada participante mergullarase nunha experiencia educativa na que historia e innovación xúntanse para resolver retos do pasado con ferramentas do futuro. 👧🧒 ALDABA-TIC Camp é un campus tecnolóxico de verán para nenas e nenos nadas/os entre 2014 e 2020.

 

Unha aprendizaxe práctica e divertida
A través dunha metodoloxía lúdica, o alumnado explorará áreas crave do ecosistema dixital actual: drons, robótica, deseño e impresión 3D, programación, IA e Ciberseguridade.


O obxectivo é que o alumnado non só adquira competencias técnicas, senón que tamén forxen novas amizades nunha contorna colaborativa e creativa. 

 

Impulsando o talento STEM feminino
Fiel ao propósito da Cátedra de reducir a brecha de xénero no sector tecnolóxico, o 80% das prazas do ALDABA TIC-Camp están reservadas para alumnas. Con esta medida, búscase incentivar activamente o interese das nenas polas disciplinas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) desde idades temperás, facilitando un acceso equitativo a esas profesións.

 

Prazos e proceso de inscrición
O período para solicitar unha praza nesta expedición tecnolóxica abrirase na segunda quincena de maio, do 18 ao 24.

Máis información e inscrición no Campamento de Coruña (pica aquí). 

Máis informacion e inscrición no Campamento de Ourense (pica aquí).


Tras o proceso de admisión que está descrito na web, sobre o 29 de maio confirmarase o grupo de participantes que poderán facer a inscrición final.


Toda a información detallada, bases e o formulario de inscrición están dispoñibles na web do Camp, na que debe seleccionarse a localización desexada, A Coruña ou Ourense.

 

Sobre a Cátedra ALDABA-WIB
Foi creada en 2019 e promove a colaboración entre universidade e empresa para avanzar cara a un sector tecnolóxico máis igualitario e humano. As súas liñas de actuación inclúen o impulso do talento feminino nas TIC e o apoio a estudantes para facilitar a súa inserción laboral.

 

A Cátedra e as súas iniciativas (pica aquí para consultar).

 

Para máis información https://www.aldaba.es/gl/catedra-wib/tic-camp ou contactar a catedra@wib.aldaba.es.