Este xoves tivo lugar en A Coruña a xornada INAWA, organizada pola cátedra Emalcsa-UDC, centrada na investigación e desenvolvemento da auga co foco no ambiente e nas persoas. A inauguración estivo a cargo da concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, acompañada do reitor da UDC, Ricardo Cao, do director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e da subdirectora do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC, María Isabel González. Neira destacou a colaboración entre as institucións públicas e a dedicación á xestión e calidade da auga, mentres que o reitor subliñou que a cátedra é un referente de cooperación entre academia, Concello e empresa, sempre ao servizo da sociedade e do medio ambiente. Accede aquí a noticia completa do blog da UDC [pica aquí]
A nova edición do Día da Ciencia na Rúa da Coruña celebrada o 10 de maio de 2025 no Parque de Santa Margarita, reuniu a máis de 1.000 participantes, entre alumnado, profesorado, familias e coruñeses varios e 54 centros educativos de toda Galicia con talleres de robótica, intelixencia artificial e sustentabilidade. O evento, organizado polo Concello de Coruña, A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Cátedra Emalcsa-UDC, contou co apoio da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) e a Deputación da Coruña. Ademais do alumnado de todos os niveis educativos, participaron investigadores e divulgadores de institucións como a Cátedra Emalcsa-UDC, a Facultade de Ciencias da UDC, a Escola de Enxeñeiros de Camiños, o CICA, o CITIC, o CITEEC, o INIBIC, o Centro Oceanográfico da Coruña, a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC, a Axencia Galega de Órganos e Sangue, e o CITMAga, entre outros. Fonte: Blog UDC e Quincemil.
#UDCCiencia #CiencianaRúa #Ciencia #DivulgaciónCientífica #UDC #DCR2025 #cienciarua2025