FUAC. Comunicación. Actualidade

Clausurada con éxito a terceira edición do ALDABA-TIC CAMP

07/07/2025

O pasado venres día 5 botou o peche a terceira edición do ALDABA-TIC CAMP co acto de clausura da segunda quenda celebrada na Facultade de Informática da UDC. No acto, participaron a Vicerreitora de Igualdade e Diversidade da UDC, Cristina López, o Vicedecano de Recursos Informáticos da Facultade de Informática, Francisco Cedrón, a Directora do Área de Talento, Cultura e Impacto Positivo do Grupo ALDABA, Ariana Carro e a Directora da Cátedra ALDABA-WIB na UDC, Virginia Mato, quenes puxeron en valor a importancia de iniciativas como esta para achegar a tecnoloxía ás xeracións máis novas e reducir a fenda de xénero no ámbito TIC.

A UDC e UVigo clausura con éxito a primeira quenda da terceira edición do campamento tecnolóxico ALDABA-TIC Camp: Misión Salvar a Terra

30/06/2025

O venres 27 de xuño de 2025 rematou a primeira quenda do campamento tecnolóxico cun balance moi positivo, tanto pola elevada participación e excelente acollida por parte das familias, como pola implicación e entusiasmo da rapazada e a dedicación do equipo docente, consolidando esta terceira edición como un éxito rotundo.

A Cátedra ALDABA-WIB inicia hoxe o seu campamento tecnolóxico na FIC da UDC e ESEI da UVigo para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos

23/06/2025

Baixo o lema “Salvar a Terra”, a rapazada participante aprenderá xogando sobre intelixencia artificial, programación de robots, domótica ou adestramento con drons, entre outras actividades, a través dunha misión de protección medioambiental e sustentabilidade. Entre as dúas quendas previstas participarán máis de 100 menores. 

Publicadas as listas de solicitudes da terceira edición do ALDABA-TIC Camp: Misión Salvar a Terra

27/05/2025

Unha vez finalizada a inscrición ao ALDABA-TIC Camp, o campamento tecnolóxico de verán na UDC, procédese a publicación das listas de solicitudes recibidas e válidas e maña, mércores, 28 de maio de 2025, terá lugar o sorteo das prazas. Nenas e nenos nadas/os entre os anos 2013 e 2019 uniranse cunha misión: “Salvar a Terra”. O obxectivo desta iniciativa é fomentar as vocacións tecnolóxicas en idades temperás, especialmente entre as nenas, e facilitar o desenvolvemento das habilidades técnicas, propias do mundo TIC, de forma amena.

Terceira edición do ALDABA-TIC Camp: Misión Salvar a Terra

14/05/2025

ALDABA-TIC Camp, o campamento tecnolóxico de verán na UDC, prepárase para unha nova edición. Nenas e nenos nadas/os entre os anos 2013 e 2019 uniranse cunha misión: “Salvar a Terra”. O obxectivo desta iniciativa é fomentar as vocacións tecnolóxicas en idades temperás, especialmente entre as nenas, e facilitar o desenvolvemento das habilidades técnicas, propias do mundo TIC, de forma amena.

Clausura da segunda edición do ALDABA-TIC CAMP

08/07/2024

O pasado venres, 5 de xullo, finalizou a última quenda da segunda edición do ALDABA-TIC CAMP celebrado de forma simultánea nas instalacións da Facultade de Informática da Universidade da Coruña no campus de Elviña e na Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense.

ALDABA-TIC Camp 2024: las niñas asumen el liderazgo de las TIC

28/06/2024

Segundo os datos lanzados polo BBG-TIC (Barómetro da Brecha de Xénero nos estudos TIC) – unha ferramenta web gratuíta (wib.aldaba.es/bbg-tic), desenvolta pola Cátedra ALDABA-WIB, que incorpora os novos datos de matriculación, resultados académicos, etc. do Grao de Enxeñería Informática na Coruña e Ourense - o número de mulleres que cursan estudos relacionados coa tecnoloxía está a aumentar, aínda que este Grao continúa sendo un dos que rexistran unha menor matriculación de mulleres.

Arrinca o ALDABA-TIC Camp 2024: as nenas asumen o liderado das TIC

26/06/2024

Este luns arrincou simultaneamente na Escola Superior de Enxeñería Informática do campus de Ourense e na Facultade de Informática do campus da Coruña a segunda edición do campamento de verán Aldaba-TIC Camp, destinado a fomentar as vocacións tecnolóxicas e contribuír á igualdade de xénero neste campo. Participan nesta iniciativa 60 nenas e nenos na Coruña e 30 en Ourense, todos eles entre 6 a 12 anos, sendo as 80% mulleres. A razón subxacente é que as nenas poidan percibirse como maioría e o naturalicen como unha situación que pode darse na realidade, en contraposición ao que acontece nas aulas das escolas onde se imparte o Grao de Enxeñería Informática. 

En marcha unha segunda edición do ALDABA-TIC CAMP

16/05/2024

A Cátedra ALDABA-WIB pon en marcha unha segunda edición do ALDABA-TIC CAMP, o campus tecnolóxico de verán para nenas e nenos nadas/os entre os anos 2012 e 2018, ambos incluídos. O obxectivo deste CAMP é espertar vocacións tecnolóxicas en mozas en idades temperás, darlles a coñecer o mundo TIC e axudarlles a desenvolver habilidades dunha maneira divertida. En liña cun dos principais obxectivos da Cátedra ALDABA WIB – fomentar as vocacións TIC entre nenas e mozas – resérvase un 80% das prazas para nenas. Nestá edición poñemos en marcha unha segunda misión coa que queremos explorar o fondo do mar: Misión nas Profundidades. 

O campamento de verán Aldaba-TIC Camp fomentará as vocacións STEM con perspectiva de xénero

19/05/2023

O campamento Aldaba-TIC Camp, destinado a nenas e nenos entre os 6 e os 12 anos, desenvolverase nos campus de Ourense e A Coruña na última semana de xuño (do 26 a 30) en horario de 9 a 14 horas, con servizos opcionais de comedor. Será impartido por monitoras y monitores de PlayCodeAcademy e contará coa participación das investigadoras Patricia Concheiro e Carmen Miranda (UDC) e Lorena Otero e María Encarnación González (UVigo).