A iniciativa, que se celebrará en xullo no Campus Industrial de Ferrol, busca capacitar a estudantes e profesionais na xestión de residuos industriais, un dos sectores con maior proxección laboral vinculada á sustentabilidade.A Cátedra Epifanio Campo, promovida polo Grupo Rodonita e a Universidade da Coruña (UDC), abriu o prazo de inscrición para unha nova edición do curso “Xestor de Residuos: a actividade profesional verde”, unha proposta formativa especializada que pretende achegar a estudantes e profesionais a un dos ámbitos con maior crecemento dentro da economía sostible. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o próximo 22 de xuño de 2026 a través da seguinte ligazón: [pica aquí]