A Universidade da Coruña é sede este ano da quinta edición do Congreso Internacional de Socioloxía e Antropoloxía do Turismo (SOCANTUR), que terá lugar, desde a tarde do mércores 11 de xuño ata o venres día 13 de xuño na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (Paseo Ronda, 51, 15011 A Coruña). O evento está organizado polas facultades de Socioloxía e Turismo da UDC e polo Concello da Coruña, co apoio do Grupo de Estudos Territoriais (GET).