FUAC
A Cátedra Emalcsa-UDC abriu o 1 de outubro a convocatoria da cuarta edición dos seus premios, uns galardóns dirixidos a estudantes que defenderan con éxito o seu Traballo Fin de Máster (TFM), relacionado coa auga, en titulacións da Universidade da Coruña nos cursos académicos 2022/2023 ou 2023/2024. As persoas interesadas en presentar a súa candidatura poden facelo a través do seguinte enlace (pica aquí).